Portada
ÚLTIMO ÁLBUM

Inter-Celtic 2014
Os Amores Libres
  • Jigs & Bulls
  • Os Amores Libres
  • Muiñeiras da Sorte
  • Maria Solina
  • O Cabalo Azul
  • The Raggle Taggle Gipsy
  • Danza da Lúa en Santiago
  • A Lavandeira da Noite
  • Negra Sombra
  • A Lavandeira da Noite
  • Viva la Quinta Brigada
  • O Castro da Moura
Os Amores Libres

“De Norte a Sul, De Este a Oeste, a música das paisaxes da alma. O encontro festivo e pasional da estirpe da liberdade” . Manuel Rivas
Tocala gaita polo mundo adiante e vir de Galicia, un país descoñecido “que está o noroeste de España, xusto enriba de Portugal”, faite encararte cos tópicos culturais que nos identifican internacionalemente –que en xeral son andaluces- e lévate a unha apasionante expedición musical: O da música celta en Galicia – e por extensión Asturias, Cantabria, País Vasco, Cataluña incluso… ten moito de vontade diferenciadora de este estereotipo español/andaluz. Ata agora, a vía políticamente correcta para explicar a nosa música era a través das culturas do frío, pero tamén debemos moito as do calor –e a oposición do Atlántico frente o Mediterráneo, a choiva e o sol, o norte e o sur, o sol naciente e o poniente…
Por sorte puñemos de moda a música celta, pero por desgracia agora ten en ocasións o escaso sabor do plastificado. En países como Francia ou Italia, a música celta foi tomada incluso pola extrema dereita do Frente Nacional ou a Liga Nore, por ser un símbolo do “puro e épico”.

En Galicia os grupos celtas nacidos dos festivales dos 70 tocaban muiñeiras, pandeiradas, alalás ou foliadas -pasadas por un tamiz romántico-, pero casi nunca certas xotas ou pasodobles -que podían sonar españois- ou cantos de sega -que, peor aún, soaban morunos-. Había unha selección “política” do repertorio.
Para a nosa sorpresa e desesperación, incluso as pezas galegas que nos parecían máis celtas, ós irlandeses soábanlle familiares, pero o mesmo tempo moi “Spanish”. De feito, moita da música clásica de raíz española, provía en realidade de Asturias, do País Vasco, do norte en xeral, máis que do flamento máis puro e duro, que dende logo non existía na forma en que hoxe o coñecemos. Esta música conforma dende o século XVIII o imaxinario universal de “lo español”.