Portada
ÚLTIMO ÁLBUM

Inter-Celtic 2014

Carlos Núñez está considerado internacionalmente como un músico extraordinario, dos máis serios e brillantes do mundo…

Ós oito anos, Carlos decidiu aprender dos vellos mestres os segredos da música tradicional e da gaita e ós 12 xa foi invitado a tocar como solista coa Orquesta Sinfónica de Lorient unha composición do irlandés Shaun Davey. Pouco despois comezou a estudar flauta de pico no conservatorio de Madrid con calificacións de Matrícula de Honra e Premio Extraordinario Fin de Carreira.

En 1989 gravou por vez primeira cos Chieftains para a banda sonora do filme A Illa do Tesouro, protagonizado por Charlton Heston y Oliver Reed. Dende aquela Carlos é o séptimo Chieftain e xunto a eles tén acadado un Grammy polo disco conxunto Santiago ou tén actuado con eles no Carnegie Hall de Nova York e no Royal Albert Hall de Londres a carón de artistas como Bob Dylan, Joni Mitchel, The Who, Lou Reed, Spin Doctors, Eddie Vedder (de Pearl Jam), Bon Jovi, Alice Cooper, INXS

Cando en 1996 publicou A irmandade das estrelas, o seu primeiro álbum en solitario, Carlos Núñez xa era un artista recoñecido en todo o mundo. O disco vendeu máis de 150.000 exemplares en España e significu la maioría de edade da música celta en España. En A irmandade das estrelas colaboraban más de 50 músicos, entre eles The Chieftains, Ry Cooder, Luz Casal e Dulce Pontes.

En 1999 editouse Os amores libres, o seu segundo álbum que vendeu máis de 250.000 exemplares en España, un acontecemento extraordinario para a música galega con alcance internacional. Gravado en dez países diferentes ó longo de dous anos, Os amores libres exploraba as conexións entre la música celta e o flamenco coa participación de artistas como Jackson Browne, Noa, Mike Scott (de The Waterboys), Teresa Salgueiro (de Madredeus), Carmen Linares, Vicente Amigo, Cañizares, Carles Benavent, Sharon Shannon, Dan Ar Braz, músicos andalusís de Marruecos e xitanos de Rumanía…

O seu terceiro disco, Mayo longo, publicouse no 2000 e significou o acercamento a estructuras máis pop, que aumentou o seu recoñecemento popular alcanzando o No. 1 nas máis importantes radio fórmulas. Fue tamén o descubrimento de Carlos como compositor, nunha canción en colaboración con Roger Hodgson (de Supertramp), outras foron con Sharon Shannon, Liam O’Flynn ou Ronnie Drew de The Dubliners.

Ó rematar o seu contrato con BMG e para facer balance, publicouse en 2002 unha antoloxía, Todos os Mundos, que incluía ademáis dunha selección da sua obra, gravacións que realizara para discos de outros artistas como The Chieftains, Andreas Vollenweider, Sharon Shannon ou Liam O’Flynn.
Con 30 anos edita o seu primeiro disco con Sony, Almas de Fisterra, de 2003, que significou o seu afianzamento no mercado francés. Un disco de irmandade entre as Finisterras, a nosa e a de Bretaña, esa Galicia soñada do Noroeste de Francia. Tanto se asemellan estas terras nas súas paisaxes, nos seus costumes, na súa música…que ata tiveron unha marea negra co “Erika”, polo que 3 anos despois, dede o primeiro momento da catástrofe do “Prestige” os bretóns volcáronse en amosar a súa solidariedade con Galicia, representada para eles por Carlos, “le galicien”.

Durante tres anos –nos que prácticamente viviu en Bretaña- Carlos seleccionou o mellor das músicas dese mítico país de druidas, magos, dolmens e menhires. Mesmo fixo un libro da experiencia “Entre Fisterras”, editado por Xerais, e un documental para France 3.
Acompáñase neste disco dos mellores músicos de Bretaña, algúns lendarios, como Alan Stivell, o guitarrista Dan Ar Braz ou o bardo Gilles Servat; outros descoñecidos, como vellos músicos da Bretaña profunda que conservan todo o sabor e la pureza da máis auténtica música celta, ata colaboracións de figuras internacionais como Jordi Savall coa viola de gamba ou Liam O’Flynn á gaita irlandesa, ou voz de fada da fermosísima irlandesa, Eimear Quinn. Grabouse mesmo un bonus track para o Nadal coa gran Montserrat Caballé cantando o Salve Regina acompañada de un coro gregoriano galego, Ultreia, e un bagad bretón.

2004 ve a primeira gran colaboración de Carlos co mundo do cine, e pola porta grande. Alejandro Amenábar pídelle unha canción do primeiro disco para a súa nova película Mar Adentro e isto remata na participación de Carlos en prácticamente toda a banda sonora da película, que ganaría un Oscar, así como 14 Premios Goya incluído o de música.

En xullo dese año, no Auditorio de Castrelos en Vigo, gravouse en directo un espectacular DVD e un CD, Carlos Núñez & Amigos ante 30 000 persoas, que chegou a DVD de ouro. Había 20 anos, que Carlos pisara por vez primeira esa escea. Tiña 13 anos e alí coñeceu a The Chieftains, que quedaron prendados daquel rapaz, xa daquela mestre da gaita. Ó cumplir os 33 anos quixo unir as dúas celebracións cun concerto no mesmo escenario que o descubriu como artista. Alí volve a reunirse cos seus vellos amigos The Chieftains, coa acordeonista irlandesa Sharon Shannon, co arxentino León Gieco, coa banda de gaiteiros The National Youth Pipe Band of Scotland…

Agora presenta un novo disco, Cinema do Mar, no que explora o mundo das bandas sonoras, desde Mar Adentro ata as varias bandas sonoras nas que tén participado últimamente, sobre todo en Xapón, pasando por versións celtas de grandes clásicos do cine. No disco colabouran os Chieftains, Dulce Pontes, Ryuichi Sakamoto, Altan, Solas, Juan Manuel Cañizares… Moi axeitadamente, este disco acompáñase dunha película documental de 1 hora, baseada en imaxes inéditas rodadas polo propio Carlos ou o seu entorno cunha Mini DV e montadas con gran dinamismo e humor polo novo cineasta Robert Bellsolá, que nos mostran unha visión polo dagora descoñecida de Carlos e o seu particular xeito de vivir e de facer música.

Ó longo destes anos, Carlos Núñez leva vendidos 1.000.000 de discos no mundo, obteu un Premio Ondas, dúas candidaturas en solitario ós Grammy latinos e galardóns en todo o mundo. Foi nomeado Embaixador Europeo do Medio Ambiente e actuou en Roma ante dous millóns de persoas convocadas polo Papa. Tén sido definido como “a única estrela planetaria da gaita” (François-Xavier Gómez, Libération), “o novo rei dos celtas” (Manuel Rivas, El País), “o Jimi Hendrix da gaita” (Scott Lewellyn, Billboard), “o gaiteiro de ouro” (Xabier Rekalde, El Mundo), “artista dunha musicalidade sobresaíente e un talento intelixente” (Jan Fairley, Folk Roots), “gaiteiro como si tocase Coltrane ou Hendrix” (Bob Flynn, The Guardian).

by Javier Salas / Turismo de Vigoby Javier Salas / Turismo de Vigoby Javier Salas / Turismo de Vigo

by Javier Salas / Turismo de Vigoby Javier Salas / Turismo de Vigoby Javier Salas / Turismo de Vigo