O venres ás 16.30, no Baixo do Moncho (Cans) proxectarase “Brasil somos nós” e logo haberá un coloquio con Carlos e co director do filme Robert Bellsolà.
Robert acompañou a Carlos durante 3 anos no Brasil. O documental non só explora con rigor as relacións galaico-brasileiras a través da fascinante historia do bisavó de Carlos no Brasil, senón que grazas ao sentido do humor do seu director é unha obra moi divertida, algo insólito nun documental cultural.
Bautizado polo prestixioso xornalista Jordi Basté de “El Món a RAC1” como “o Santiago Segura catalán”, ou como “director 2.0” pola súa presenza nas redes sociais, Robert escribiu, dirixiu, produciu, promocionou e moi pronto distribuirá en salas, a súa primeira longametraxe de ficción “Pase o que pase”, como di no trailer: “un filme rodado sen subvencións e por tanto, sen malgastar diñeiro público… non coma outros!!!”. Por certo que o filme ten compoñente galega, a música composta por Xurxo Núñez.
Robert Bellsolà, nacido en Girona en 1971, é licenciado en Económicas e Dereito pola Universidade de Barcelona e dedicou 3 anos a prepararse para Avogado do Estado, abandona as oposicións e empeza a rodar documentais,o primeiro, “Oposicións”, precisamente sobre a súa experiencia (Documanía). Seguen “Salaminos”, sobre a rodaxe do filme “Soldados de Salamina” de David Trueba (Tv3 e TVE) e “Aboas cociñeiras” (Tv3), sobre un grupo de vellliñas que percorren o mundo mostrando a cociña tradicional catalá.
Entrevista RAC1 “o Santiago Segura catalán”: