Despois dos moitos anos celebrando o Saint Patrick’s Day cos Chieftains en Nova York, ou cos bretóns no Stade de France en París, Carlos actuará este ano no verdadeiro cerne da celebración, a capital de Irlanda, e nada menos que no seu Auditorio Nacional, coa propia Orquestra do National Concert Hall, dirixida por David Brophy. www.nch.ie

Para darvos unha idea da importancia do acto, unha fermosa foto de Carlos ensaiando no National Concert Hall é a portada do calendario deste ano desta institución, que inclúe no seu interior fotos de artistas da talla de Daniel Baremboim, Sir Simon Rattle titular de la Filarmónica de Berlín, o pianista Lang Lang que abriu os xogos Olímpicos de China, etc. e que tamén figuran na programación do auditorio.

Carlos síntese na casa en Dublín e especialmente no seu National Concert Hall. Alí mesmo a Presidenta de Irlanda, a quen Carlos coñeceu hai anos en Washington, asistiu a algúns dos seus concertos.

Portada Calendario 2009
Share |