Neste blog xaponés podedes ver algunhas fotos da segunda xira xaponesa deste ano.
Este é un ano especialmente adicado a Xapón: Dende a participación de Carlos na banda sonora de Gedo Senki e a edición dun disco adicado á música da película, “Melodies from Gedo Senki” - o primeiro de Carlos exclusivamente dedicado ó mercado xaponés - , sucedéronse as experiencias xaponesas.

A última permitiu o reencontro coa xente de Ghibli, Disney e a Nippon TV, que en xullo visitaron Galicia para conocer o lugar de orixe de Carlos.

Entre outros concertos Carlos deu un moi especial só para nenos no sorprendente Museo Ghibli en Tokio.

Share |