Carlos Núñez presentará o seu novo disco nun concerto en Vigo o 27 de decembro.
O 6 de novembro publicouse Discover, un 2-CD que inclúe 4 inéditos así como moitas colaboracións con artistas amigos gravadas ao longo dos anos fora da súa propia discografía, que agora se unifican neste disco. Como escribiu recentemente un xornalista durante a súa xira norteamericana, máis que unha antoloxía ao uso é “un disco gravado durante 15 anos”, tal é a coherencia da viaxe que descrebe.
Discover contén 39 temas que percorren a obra dun artista na procura das conexións da música galega con outras culturas, exploradas sempre con primeiras figuras de cada xénero: o celta cos Chieftains, Sinéad O’Connor ou The Waterboys; o cubano con Omara Portuondo ou Compay Segundo; o mexicano con Los Lobos; o brasileiro con Carlinhos Brown; o flamenco con Carmen Linares, Vicente Amigo, ou Carles Benavent; o medieval con Montserrat Caballé ou Jordi Savall… e tamén aparecen conexións menos evidentes a primeira vista, pero fácilmente comprendibles no fluir do disco e da carreira de Carlos, como por exemplo: Luz Casal, Ry Cooder, Jackson Browne, Ryuichi Sakamoto, Laurie Anderson, ou Roger Hodgson de Supertramp.
Le Monde adica ao disco unha páxina completa e explica que se chama Discover non porque Carlos sexa un novato descoñecido, senón porque é sorprendente descubrir a cantidade e variedade do faito por este especialísimo artista nestes primeiros 15 anos de carreira : Dende tocar ante 2 millóns de persoas no xubileo de Roma, a actuar na inaguración da Ryder Cup televisada a todo el mundo; de facer un concerto dende o barco da Fura dels Baus, con centos de actores pendurados dos guindastres do porto e zarpando ao rematar, a facer a música para un dos mellores grupos de danza contemporánea do mundo, o brasileiro Grupo Corpo, ou para un filme de animación de Ghibli - o Disney xaponés - , ou a súa máis coñecida experiencia con Amenábar para Mar Adentro, ata tocar nun estadio, ou cunha orquestra sinfónica fronte á Catedral de Santiago.