Mosteiro de Fiães 18h ( hora portuguesa)
As invitacións para asistir xa están dispoñibles na Loja Interativa de Turismo de Melgaço (Praça da República).
O concerto é parte do proxecto Patrimonio cultural da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. GEOARPAD III. Piloto I-LÍRICA, cofinanciado polo Programa Interreg a través dos fondos FEDER da Unión Europea. No marco deste Proxecto créase unha ruta tras os pasos dos trobadores polas ribeiras do Miño, berce da lírica hispánica. A ruta parte do Mosteiro de Oseira, pasando polas ermidas románicas que un día pacientes canteiros levantaron desde as abas da montaña ata o Ribeiro, mentres un señor facía a guerra e, quizais neses míticos atardeceres ou noites de excesos, cantaba ou se deleitaba escoitando unha cantiga nunha das cámaras do seu castelo. Sobre a pedra dos canteiros, sobre a espada dos guerreiros, sobre a fame dos campesiños, ecoaba a cadencia dun poema de amor, a melancolía dunha cantiga de amigo, a risa farta dun escarnio. Ás veces é viaxando cando se descubre a “nosa Provenza” e é cando esperta un deber que con frecuencia está adormecido na languidez do propio país. Con este concerto e este proxecto, queremos que a universal lírica dos trobadores volva ao territorio que a viu nacer e con el queremos brindarlles a vostedes unha experiencia poética e musical única, recuperando un patrimonio que foi noso.

Share |