Carlos fai una pequena participación na banda sonora de Manuale d’Amore 2 con Monica Bellucci e Elsa Pataky, que se estrea en España o 16 de febreiro.
En Cinema do Mar inclúese unha versión da canción “Noite e Luar” de “Manuale d’Amore 1″.

Carlos escoitou esta canción de maneira fortuita e gostou moito dela, lembroulle algunhas das cancións que el gravara nos seus discos, ou as habaneiras que tocaba con Ry Cooder e os Chieftains en Cuba. Chamoulle a atención que a letra estaba en portugués, pero a cantante non semellaba nin portuguesa nin brasileira e a pronuncia estaba perto do galego. Enterouse de que era unha italiana, amante de Portugal, de Brasil e tamén de Galicia: Patrizia Laquidara.
Carlos invitouna a cantar “Noite e Luar” nun dos seus concertos en Italia o verán pasado. Quedou moi contento e pensou en gravala algún día. Patrizia faloulle do compositor da banda sonora, Paolo Buonvino, siciliano como ela, e aproveitando uns concertos en Sicilia ó mes seguinte quedaron. Paolo díxolle a Carlos que estaba a compor para “Manuale d’Amore 2″ e invitouno a participar. Parecía lóxico despois de tantas coincidencias gravar esa canción para Cinema do Mar, Patrizia viuse ó estudio a Galicia e a canción está no disco.

Share |