“Alborada do Brasil” ven de ser editado por fin no país que o inspirou e ao que está adicado.

A acollida dos medios brasileiros está sendo moi xenerosa:

Os dous principais xornais do Brasil, FOLHA DE SAO PAULO e GLOBO, de Río de Janeiro, dedicanlle páxinas casi completas, con foto.

FOLHA califica o CD de Moi Bó e remata a crítica escribindo nada menos que : “O CD nada pide ao Brasil. Ao contrario: cando ao final, o gaiteiro fai de “Asa Branca” un “Amazing Grace do sertão”, é como se ofrecese á nosa música un fundamento perdido, a nota arquetípica capaz de sustentar tanta diversidade”.

Para ver as entrevistas, facede click aquí: Folha de Sao Paulo e Globo

Share |