Carlos Núñez edita o seu primeiro disco adicado exclusivamente ó mercado xaponés. Os temas máis relevantes están incluidos en Cinema do Mar, que se publica en España o 20 de febreiro.
Se tendes curiosidade podedes mercalo por exemplo aquí .
O disco foi unha petición do Estudio Ghibli, o máis importante de animación en Xapón, o que o sitúa entre os primeiros do mundo. Quedaron tan contentos da participación de Carlos na banda sonora de Gedo Senki, película que foi número un en Xapón durante varios meses, que lle pediron facer un disco completo adicado á película.
Gedo Senki (Historias de Terramar) é a primeira película do fillo do oscarizado Miyazaki, o chamado Walt Disney xaponés. Sorprende que tanto a música da película coma as paisaxes son moi galegas, mesmo antes de coñecer a Carlos nun concerto de maneira case que providencial e invitalo a participar na banda sonora co filme case pechado e a piques de sair.
Carlos fará varias xiras en Xapón este ano, a primeira en abril / maio.