Portada
ÚLTIMO ÁLBUM

Discover 2012

Aproveitando a súa presencia en Irlanda, co gallo do seu concerto no Auditorio Nacional, o 15 de marzo, a tarde anterior Carlos dará unha conferencia no Instituto Cervantes de Dublín.

A charla tratará sobre a aventura que representou o seu útimo disco, “Alborada do Brasil”, prestando especial atención á lenda irlandesa de Hy Brasil, a illa misteriosa que para diversos estudiosos, ao crer os mariñeiros portugueses do s. XVI que a atoparan, deu orixe ao nombre de Brasil.

No disco, Carlos dedica un tema a esta illa Brasil, acompañado polos seus mestres os irlandeses The Chieftains.

A conferencia será presentada pola Excma. Sra. Embaixadora de España en Irlanda, Mercedes Rico.

Share |