O vindeiro sábado 11 de setembro, ás 20.30, Carlos fará realidade un soño: un concerto na Praza do Obradoiro.
O concerto terá entrada libre ata completar aforamento e está enmarcado no Camiño da Música do XACOBEO 2010.
Será o primeiro concerto sinfónico que Carlos fará en Galicia, despois de ter tocado con orquestras de medio mundo, e será nada menos que coa ORQUESTA SINFÓNICA DE GALICIA, considerada unha das mellores de Europa.
Como non podía ser doutro xeito nun concerto único e irrepetible, Carlos contará cuns convidados especiais de luxo, os seus mestres irlandeses, THE CHIEFTAINS, que este ano cumplen 48 anos xuntos.


Cúmprense tamén 15 anos da gravación daquel histórico disco conxunto, “Santiago”, no que Carlos se converteu no “Séptimo Chieftain” e que acadara o único Grammy para a música galega. Para celebralo, no concerto recuperarán algúns dos temas orquestrais daquel disco, como a “Galician Overture”, que precisamente se gravaran en Compostela.

O director será David Brophy, titular da orquestra da Radio-Televisión Irlandesa, que xa dirixiu varios concertos sinfónicos de Carlos. O último tivo lugar o Día de San Patricio, no Auditorio Nacional, en Dublín, coa presenza da Presidenta de Irlanda, Mary McAleese, fan incondicional de Carlos hai anos, que por certo peregrinou a Santiago pouco despois.

Carlos formou unha Banda de Gaitas expresamente para este concerto, escollendo algúns dos mellores xovenes gaiteiros e gaiteiras solistas de Galicia.

A iluminación espectacular - pero elegante como corresponde ao marco e tipo de concerto -, estará en mans de Roch Segovia, que xa fixo as luces do inesquecible concerto de Castrelos no Xacobeo 2004, que se converteu nun DVD supervendas e Premio da Música, “Carlos Núñez & Amigos”, así coma os grandes concertos celtas en Estadios por toda Francia, ou as grandes noites do Festival de Lorient.

Será un concerto de grandes éxitos da carreira de Carlos no que interpretará músicas de bandas sonoras como a da Oscarizada “Mar Adentro”, ou as varias que gravou no Xapón; pezas clásicas inspiradas na música tradicional como a “Muiñeira de Sarasate”, ou o “Concierto de Aranjuez”; temas do seu CD de debut “A Irmandade das Estrelas” ocasión como “Amanecer”, ou “Villancico para la Navidad de 1829” orquestrados especialmente para a ocasión, nada menos que polo produtor Craig Leon , ou a “Marcha do Entelazado de Allariz”. Estrenaráse tamén algunha composición moi especial …

E por suposto, non por ser cunha grande orquestra e nun lugar tan solemne, se perderá a garantía de que todo o mundo, tanto no escenario, como no público, rematará bailando!

Share |