O próximo 22 de decembro Carlos ofrecerá un concerto da man de Mil Futuros co obxectivo de recadar fondos para a iniciativa “Escuelas para África” de UNICEF. Únese así a este proxecto, axudando a que miles de nenos e nenas de Angola, teñan acceso a unha educación de calidade. Unha formación que asegura súa integración na sociedade e que funciona como panca do cambio social que tanto necesitan.
A cita será no auditorio do Centro Social Novacaixagalicia de Pontevedra ás 21:00 e as entradas xa están á venda en Servinova.