Carlos Núñez estreará o seu novo disco “Celtic Sea” no Teatro Rosalía da Coruña o vindeiro mércores 13 de decembro. Será toda unha festa intercéltica na que participan artistas dos principais países celtas. Esta nova aventura musical nace navegando nas rutas de Brittany Ferries, a compañía marítima que, cunha historia de 50 anos, lle encargou ao noso gaiteiro máis internacional unha banda sonora para celebralo, porque comparte con Carlos a paixón por conectar as culturas dos países atlánticos de Europa.