Portada
ÚLTIMO ÁLBUM

Inter-Celtic 2014

Carlos Núñez rematou hoxe en Berlin a xira de 30 concertos que durante algo mais de un mes levouno a percorrer Alemania e Suiza, presentando o seu último disco “Alborada do Brasil”.

Non podía culminala de mellor forma, xa que hoxe mesmo, o disco conseguiu o prestixioso Premio daCrítica Alemana, que o califica como “unha obra artística excepcional” .

A xira alemana foi todo un éxito e foi recollida incluso en programas televisivos de máxima audiencia.

TTT www.mediathek.daserste.de
ZDF Morgenmagazin www.zdf.de/ZDFmediathek
Premio Critica Alemana

| More

O próximo 22 de decembro Carlos ofrecerá un concerto da man de Mil Futuros co obxectivo de recadar fondos para a iniciativa “Escuelas para África” de UNICEF. Únese así a este proxecto, axudando a que miles de nenos e nenas de Angola, teñan acceso a unha educación de calidade. Unha formación que asegura súa integración na sociedade e que funciona como panca do cambio social que tanto necesitan.
A cita será no auditorio do Centro Social Novacaixagalicia de Pontevedra ás 21:00 e as entradas xa están á venda en Servinova.

| More

Carlos estará na FNAC de A Coruña este venres día 17 de decembro ás 18:00hs onde dará unha pequena charla/coloquio co público e sinatura de discos.
Mercado Eusebio da Guarda
Plaza de Lugo s/n - A Coruña 15004
Tel.: 981 215041/ Fax: 981 215037

| More

Se queres podes ver esta entrevista clicando neste link Oficio de Palabras

| More

Terá lugar durante unha cea no “Hostal dos Reis Católicos” de Santiago de Compostela (Pza. do Obradoiro, 1), o venres 12 de novembro de 2010, de 21 a 24h.

A fundación Ojos del mundo, que pretende previr e combatir
a cegueira evitable nos países máis pobres do mundo, organiza anualmente unha cea solidaria para informar sobre os proxectos de cooperación oftalmolóxica en marcha, sobre as deficiencias en saúde ocular en diferentes territorios do mundo e a súa vinculación coa pobreza e recadar fondos para seguir mellorando a calidade de vida das persoas con deficiencias visuais e sen recursos dos territorios máis pobres do mundo.

O acto contará cuns presentadores excepcionais: Fernando Ónega e Uxía Blanco

Carlos realizará unha pequeña actuación xunto aos seus compañeiros Pancho Álvarez e Xurxo Núñez e as gaiteiras Lorena Freixeiro e Estibaliz Santamaría.

O prezo é de 600€ o cuberto, equivale a que 4 persoas recuperen a visión ou aos gastos de formación de profesionais sanitarios autóctonos; ou de 6.000€ a mesa (10 cubertos) que equivale a que 40 persoas recuperen a visión, 250 consultas e
tratamentos e 2 cursos de capacitación teórica e práctica de profesionais sanitarios autóctonos.

Os interesados que por favor se dirixan a Marta Serra no teléfono 93 451 51 52 ou no e-mail : mserra@ullsdelmon.org

| More
Santiago de CompostelaSantiago de CompostelaSantiago de CompostelaSantiago de Compostela

Santiago de Compostela

Fotos: Miguel Muñiz
Ler mais »

| More
3/09/2010

Carlos Núñez + OSG - convidados especiais: The Chieftains

| More

O vindeiro sábado 11 de setembro, ás 20.30, Carlos fará realidade un soño: un concerto na Praza do Obradoiro.
O concerto terá entrada libre ata completar aforamento e está enmarcado no Camiño da Música do XACOBEO 2010.
Será o primeiro concerto sinfónico que Carlos fará en Galicia, despois de ter tocado con orquestras de medio mundo, e será nada menos que coa ORQUESTA SINFÓNICA DE GALICIA, considerada unha das mellores de Europa.
Como non podía ser doutro xeito nun concerto único e irrepetible, Carlos contará cuns convidados especiais de luxo, os seus mestres irlandeses, THE CHIEFTAINS, que este ano cumplen 48 anos xuntos.

Ler mais »

| More

Podes ler a entrevista clicando no link www.lavozdegalicia.es

| More

“Alborada do Brasil” ven de ser editado por fin no país que o inspirou e ao que está adicado.

A acollida dos medios brasileiros está sendo moi xenerosa:

Os dous principais xornais do Brasil, FOLHA DE SAO PAULO e GLOBO, de Río de Janeiro, dedicanlle páxinas casi completas, con foto.

FOLHA califica o CD de Moi Bó e remata a crítica escribindo nada menos que : “O CD nada pide ao Brasil. Ao contrario: cando ao final, o gaiteiro fai de “Asa Branca” un “Amazing Grace do sertão”, é como se ofrecese á nosa música un fundamento perdido, a nota arquetípica capaz de sustentar tanta diversidade”.

Para ver as entrevistas, facede click aquí: Folha de Sao Paulo e Globo

| More
1 2 3 4 5 ... 11