Portada
ÚLTIMO ÁLBUM

Inter-Celtic 2014

www.lavozdegalicia.es

| More

Podedes ver a noticia aquí.

| More

Sete escollidos. Os premios da Cultura Galega destacan aos clásicos do país. Os galardóns salientan «o traballo creativo e a expansión no exterior»
Carlos Núñez: «Hai que facer do mundo a nosa casa para seguir facendo música»

| More

O documental Brasil somos nós sobre a aventura de Carlos no Brasil gaña no Festival de Cinema Internacional de Ourense o Premio do Público ao Mellor Documental e o Premio Miño ao mellor filme producido en Galicia ou Portugal.

| More

Despois do gran éxito no Festival de Cans, presentaremos este xoves día 26 de maio o documetal BRASIL SOMOS NOS no Centro Social Novacaixagalicia na rúa Policarpo Sanz 26 as 20:30. Entrada gratuíta ata completar aforo.

| More

O venres ás 16.30, no Baixo do Moncho (Cans) proxectarase “Brasil somos nós” e logo haberá un coloquio con Carlos e co director do filme Robert Bellsolà.

Robert acompañou a Carlos durante 3 anos no Brasil. O documental non só explora con rigor as relacións galaico-brasileiras a través da fascinante historia do bisavó de Carlos no Brasil, senón que grazas ao sentido do humor do seu director é unha obra moi divertida, algo insólito nun documental cultural.

Bautizado polo prestixioso xornalista Jordi Basté de “El Món a RAC1” como “o Santiago Segura catalán”, ou como “director 2.0” pola súa presenza nas redes sociais, Robert escribiu, dirixiu, produciu, promocionou e moi pronto distribuirá en salas, a súa primeira longametraxe de ficción “Pase o que pase”, como di no trailer: “un filme rodado sen subvencións e por tanto, sen malgastar diñeiro público… non coma outros!!!”. Por certo que o filme ten compoñente galega, a música composta por Xurxo Núñez.

Robert Bellsolà, nacido en Girona en 1971, é licenciado en Económicas e Dereito pola Universidade de Barcelona e dedicou 3 anos a prepararse para Avogado do Estado, abandona as oposicións e empeza a rodar documentais,o primeiro, “Oposicións”, precisamente sobre a súa experiencia (Documanía). Seguen “Salaminos”, sobre a rodaxe do filme “Soldados de Salamina” de David Trueba (Tv3 e TVE) e “Aboas cociñeiras” (Tv3), sobre un grupo de vellliñas que percorren o mundo mostrando a cociña tradicional catalá.

Vídeo Noticias TV3:

Entrevista RAC1 “o Santiago Segura catalán”:

Avui, “cineasta 2.0″

EL Punt, “de Cannes a Moscú”

Crònica.cat “Filme 2.0 grazas a Facebook”

Jornal.cat

Radio Marca

COM Ràdio

ACN

| More

O venres 20 de maio ás 16.30 vaise proxetar o documental “Brasil somos nós” no Festival de Cans.

Posteriormente haberá un coloquio coa presenza do director, Robert Bellsolà, e Carlos.

| More

Despois do éxito da estrea do documental na inauguración do Festival Play Doc, presentaremos BRASIL SOMOS NOS en Vigo, 26 de maio no Centro Social Caixanova e en A Coruña, 2 de xuño na Fundación Caixagalicia. Agardámosvos!

| More

Aproveitando a súa presencia en Irlanda, co gallo do seu concerto no Auditorio Nacional, o 15 de marzo, a tarde anterior Carlos dará unha conferencia no Instituto Cervantes de Dublín.

A charla tratará sobre a aventura que representou o seu útimo disco, “Alborada do Brasil”, prestando especial atención á lenda irlandesa de Hy Brasil, a illa misteriosa que para diversos estudiosos, ao crer os mariñeiros portugueses do s. XVI que a atoparan, deu orixe ao nombre de Brasil.

No disco, Carlos dedica un tema a esta illa Brasil, acompañado polos seus mestres os irlandeses The Chieftains.

A conferencia será presentada pola Excma. Sra. Embaixadora de España en Irlanda, Mercedes Rico.

| More

Carlos presentará Alborada do Brasil no concerto de San Patricio do National Concert Hall de Dublin do próximo 15 de Marzo ás 20:00hs no Main Auditorium.
Para mercar as entradas clica neste link www.nch.ie

| More
1 2 3 4 ... 11