O vindeiro sábado, Carlos repetirá a incrible experiencia de tocar na Catedral e nada menos que ante o Príncipe Herdeiro do Emperador do Xapón.

Carlos tocou en Xapón por primeira vez hai case 20 anos. Dende entón fixo 10 xiras alí, colaborando con moitos artistas xaponeses, como o seu amigo Ryuichi Sakamoto, con quen gravou a canción conmemorativa do aniversario de Hiroshima, ou a banda sonora de “Silk” (con Keira Knightley). Tamén participou na banda sonora dun filme de Goro Miyazaki para o mítico estudio de animación Ghibli. Carlos foi guía en Galicia de moitos destes ilustres amigos e colaboradores que se converteron en namorados da nosa terra.

En outubro, Carlos Núñez xirará de novo en Xapón, onde Sony Music editará o seu doble CD antolóxico “Discover”, que inclue colabouras con The Chieftains, Sinéad O’Connor, Luz Casal, Montserrat Caballé, Ryuichi Sakamoto, Carlinhos Brown, Compay Segundo, Omara Portuondo, Los Lobos, Jackson Browne, Ry Cooder ou Laurie Anderson.

Share |