A Presidenta de Irlanda, Mary McAleese asistiu o concerto celebración de Saint Patrick, o Día Nacional de Irlanda, en Dublín. Carlos e o seu grupo estiveron acompañados pola Orquestra do National Concert Hall, dirixida por David Brophy. A Presidenta e Carlos, que se coñecen dende hai anos e se profesan mutua simpatía e admiración, conversaron despois do concerto e ela lle comentou que cumpriría próximamente un vello soño, facer o Camiño de Santiago. Como se veu nos medios nos pasados días, xa cumprido. (Foto cortesía do National Concert Hall, Dublin)