Terá lugar durante unha cea no “Hostal dos Reis Católicos” de Santiago de Compostela (Pza. do Obradoiro, 1), o venres 12 de novembro de 2010, de 21 a 24h.

A fundación Ojos del mundo, que pretende previr e combatir
a cegueira evitable nos países máis pobres do mundo, organiza anualmente unha cea solidaria para informar sobre os proxectos de cooperación oftalmolóxica en marcha, sobre as deficiencias en saúde ocular en diferentes territorios do mundo e a súa vinculación coa pobreza e recadar fondos para seguir mellorando a calidade de vida das persoas con deficiencias visuais e sen recursos dos territorios máis pobres do mundo.

O acto contará cuns presentadores excepcionais: Fernando Ónega e Uxía Blanco

Carlos realizará unha pequeña actuación xunto aos seus compañeiros Pancho Álvarez e Xurxo Núñez e as gaiteiras Lorena Freixeiro e Estibaliz Santamaría.

O prezo é de 600€ o cuberto, equivale a que 4 persoas recuperen a visión ou aos gastos de formación de profesionais sanitarios autóctonos; ou de 6.000€ a mesa (10 cubertos) que equivale a que 40 persoas recuperen a visión, 250 consultas e
tratamentos e 2 cursos de capacitación teórica e práctica de profesionais sanitarios autóctonos.

Os interesados que por favor se dirixan a Marta Serra no teléfono 93 451 51 52 ou no e-mail : mserra@ullsdelmon.org

Share |