Publicouse hoxe en varios medios de comunicación que Carlos actuaría mañá en Castrelos con Roger Hodgson.
Queremos dicir que non sabemos de onde sae esta noticia. Todo o que sabemos é que mañá Carlos e o seu amigo Roger daranse unha aperta en Vigo.
Roger Hodgson e Carlos compuxeron xuntos “The Moon Says Hello” para o disco “Mayo Longo” e dende entón comparten amizade e admiración mutua.