Portada
ÚLTIMO ÁLBUM

Inter-Celtic 2014
A Irmandade das Estrelas
  • Amanecer
  • A irmandade das estrelas
  • Nubes del otro lado
  • Negra sombra
  • Os gaiteiros da noite
  • Cantigueiras
  • Villancico para la navidad de 1829
  • Bailando con Rosiña
  • Lela
  • The flight of the earls
  • Canto de afiador
  • Para Vigo me voy
A Irmandade das Estrelas

Por Cada Un de nos, polos que son e os que se foron, hai unha estrela no ceo.
Es así que as estrellas contan todas as historias do mundo. Son nosas lendas escritas con minio nas láminas da noite. Nese libro fálase dun camiño das estrelas que leva a Galicia. Tal como foi soñada, Galicia sería un fecundo leito de pedra onde abrazase cada un a súa estrela, onde se entrelazase vida e desexo. Esta música nace dese camiño e dese encontro. O indómito vento, o vento gaiteiro, que silba pola garganta da alma. As voces cantareiras dunha radiofonía milenaria. A nostalxia do futuro. O antigo mito que late con corazón de neno. A alborada que desafía á morte e a balada que o dorme. A armonía dos contrarios. A flor secreta de todo os cantares. A estirpe que nunca traiciona. A taberna máxica de todos os puertos. A percusión da choiva no vidro da soidade. A partitura do mar que lame as feridas máis duras. Que todo está aquí convocado por Carlos Núñez nesta irmandade de estrelas. Tal como foi soñada, Galicia é aquí América, mar celta de Irlanda, cálido sur de guitarra gitana… Galicia é Galicia cando é todos os mundos. Un fogar onde os soños fanse música para non morir de frío.
Manuel Rivas